portomeloxo Administrador
Registrado: 28 Nov 2006 Mensajes: 104
|
Publicado: Mar Jun 16, 2009 12:14 pm Título del mensaje: aumento de la burocracia en Galicia |
|
|
En vista del aumento de requisitos burocráticas en Galicia para inscribirse en los exámenes, hemos enviado el siguiente escrito a la nueva conselleira del Mar:
SRA. CONSELLEIRA DO MAR DA XUNTA DE GALICIA
Apreciada Sra. Conselleira:
Pasados xa uns meses da entrada en vigor da nova normativa sobre as titulacións de lecer, queremos facerlle chegar respectuosamente unhas consideracións co ánimo de que, si o considera oportuno, se podan mellorar as condicións actuais.
Coa nova normativa increméntanse os requirimentos burocráticos para matricularse nos exames oficiais dun xeito que consideramos gratuíto e que supoñen pesadas molestias para os alumnos.
1.- Requírese unha fotocopia cotexada do DNI, cando antes chegaba cunha fotocopia simple. Isto, que parece unha cousa menor, en realidade supón unha grave dificultade para os alumnos posto que na actualidade só as administracións que expiden un documento compulsan os mesmos, e neste caso é a Policía a que debe compulsar o DNI. Nin que dicir ten que o colapso da maioría das comisarías nas nosas cidades fai isto case inviable, co que a maioría dos alumnos deben acudir a un notario para cotexar a fotocopia do seu DNI, co conseguinte dispendio de tempo e cartos. Consideramos respectuosamente que ter que cotexar a fotocopia do DNI para presentarse ao exame é redundante e innecesario, toda vez que o alumno debe amosar o orixinal do seu DNI no momento de entrar no exame.
2.- Requírese o certificado médico dúas veces, unha para presentarse ao exame e outra para solicitar a tarxeta de identidade náutica, cando antes chegaba con facelo só ao final dos trámites administrativos, cando o aspirante solicitaba a tarxeta. Esta dobre imposición implica tamén realizar outra fotocopia compulsada, ca mesma dificultade que lle facemos observar no apartado anterior. Creemos que chegaría con solicitalo ao final como antes, advertindo aos alumnos que os requisitos para obter esa titulación comprenden o certificado médico, polo que ninguén se poida chamar a engano si logo non o presenta.
Ao noso entender, si se solucionaran estas pequeneces, deixando a documentación requirida como na antiga normativa, non se dificultarían aínda máis os trámites burocráticos necesarios para a inscrición no exame, coas incomodidades e perda de recursos (cartos e tempo) que supoñen, e isto non iría en absoluto en menoscabo dos necesarios controis e eficiencia administrativa.
Por todo o exposto, e entendo que é desexo da súa recoñecida eficiencia facilitar e facer máis doado para os cidadáns o seu trato coa Administración, pregámoslle teña a ben considerar as nosas alegacións e si o cre conveniente derrogue a necesidade de compulsar a fotocopia do DNI, chegando cunha copia simple, e de presentar o certificado médico para presentarse ao exame, deixando estes trámites, como antes, para ao momento de solicitar a tarxeta de identidade náutica.
Dándolle grazas pola súa atención, reciba un cordial saúdo
Asdo.: Santiago, 16 de xuño de 2009
Pedro Puialto Rodrígurez
Director-Xerente da ENAL Portomeloxo, XGEN 021 |
|